I
Hai anos que non escribo un blog nin nada que se lle pareza. Como moito intentei alguns garabatos que non me levaron demasiado lonxe. Non vou escribir para que me lean. Só o fago porque preciso farelo. E scribir todo o que non dou falado por un motivo ou outro. Nin sequera sei se o farei durante moito tempo ou só van ser estas primeiras liñas. Agora mesmo síntome moi triste. Non teño forzas, nin ánimo. Non me sinto negativa, pero sinto que se me acaba a positividade. Sinto que me estou a baleirar por dentro e a apodrecer. Non é a primeira vez, sempre remato por recargarme un pouco, pero ao cabo dun tempo volvo outra vez a estar igual ou peor. Ir a unha psicóloga non me axudou case e estou farta de non saber que facer. Sinto unha indefensión doente, cravada na gorxa e nas tripas. Unha falta de entendemento do mundo que me rodea, que non remato de captar no seu conxunto. Vexo as partes, podo visualizar cada peciña, ver a cada persoa que non comprende, que non ve, que non...